Sempre Adiante - Ruxe Ruxe

Sempre Adiante - Ruxe Ruxe

  • Ano de lançamento: 2012
  • Linguagem: Espanhol
  • Duração: 4:07

Abaixo está a letra da música Sempre Adiante , artista - Ruxe Ruxe com tradução

Letra da música " Sempre Adiante "

Texto original com tradução

Sempre Adiante

Ruxe Ruxe

Camiña en contra do vento e da marea

Saborea o que é a experiencia de bater sempre ca mesma pedra

Que ninguén entenda nin comparta a túa idea

Nin tampouco o teu camiño, pero arrea

Xa sei que a viaxe nesta noria te marea

Non che queda outra

Pois a vida é o noso billete neste traxecto cara a morte

Agárrate ben, abrocha o cinto e enche a bolsa de recordos, precisarémolos

Cando entremos no túnel e na escuridade dos vagóns e esteamos sós

É o principio o fin é ó final non temos medo pois

Estamos de paso pois

Pronto nos veremos neste novo comezo

De novo neste circo, neste círculo, de novo no circuíto

Esquivando outra vez o mesmo bache

Deixándoo atrás e mirando cara adiante

Cando menos o esperes e menos o necesites

As pantasmas viranche a buscar alí onde te atopes

E sacarán todo o lixo que tes gardado no piso (pra fóra)

Tes a síndrome de Dióxenes

Pero estabas limpo outrora

Lume purificador, queremos lume!

Lume pra que arda toda a merda que te afunde

Nese cemiterio de bágoas que non foron choradas

Chora como un home, sinte as puñaladas!

Cicatriz tras cicatriz, punto por punto

Sínte-las feridas do teu tempo no teu lombo

E pesan, ás veces escocen, ás veces, por sorte, na' máis que son roces

Temos que botarlle whisky e huevos pra que pechen

Pra que curen, pra que deixen de doer e que se borren (e non sanguen)

Temos que buscar a alegría na ironía de que o día a día é o único que temos

(rebelarse)

Espabila, non pares, apura, xa sabes que isto pra sempre non dura

Como non te organices colega non che vai dar tempo, teno por seguro

Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura

Que a tumba está aí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Sempre adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Sempre adiante!

Sobrevive, medra, deixa descendencia

É o único que se che pide a cambio da existencia

O demais (son) pallas mentais, (son) ños irreais, (son) aires que nublan a túa

cabeza

Da misa media, e do que digo eu máis media, nin a metade

Non asintas como un borrego non sintas medo

En realidade queremos, necesitamos, crernos importantes

Magnificarnos tanto fainos ser máis vulnerables

Crer que despois da morte hai outra vida

Crer que un deus observa todo dende arriba

E si te elixe a ti, te elixe a ti, vas ao ceo

Prefiro pensar que esta vida é todo o que teño

A familia, os colegas, dos meus amores

Son todo o que levarei para a miña tumba, aforra as flores

O motor é amor, combustión eterna

Fai que mereza a pena este paseo pola terra

O paso do tempo do que non escapa ninguén

Fainos máis fortes e aprendemos del

E ós que andan metendo paus nas rodas

Trónzallelos!

Non me fodas!

Espertei cun pesadelo, sumerxido nas profundidades mariñas

Vivilo para crelo!

Alí non existe a palabra piedade

Alí non chega a claridade

Só recordo moreas de sal na miña cara

E non podía ver nada

Pero espertei e saquei tódalas pantasmas a bailar

De unha en unha, tangos, muiñeiras, breakdance

A danza do sol!

Leveinas de paseo polo mundo e berramos

Na desgarradora danza do deserto

Agora ando esperto cunha grande lección

Que teño sempre de perto

O paso do tempo do que non fuxe ninguén

Fainos aprender do que pasa nel

Para ben e para mal: adiante!

Sen alentar

Espabila, non pares, apura, xa sabes que isto pra sempre non dura

Como non te organices colega non che vai dar tempo, teno por seguro

Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura

Que a tumba está aí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Sempre adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Adiante!

Sempre adiante!

Mais de 2 milhões de letras

Músicas em diferentes idiomas

Traduções

Traduções de alta qualidade para todos os idiomas

Busca rápida

Encontre os textos que você precisa em segundos